Lorenzo Mandayo de Filament2Print:"O e-commerce en Galicia está pero non está"

  • Posted on: 17 February 2017
  • By: EcomGalicia
Lorenzo Mandayo de Filament2Print

Hoxe falamos con Lorenzo Mandayo, creador do ecommerce Filament2Print, dedicado á comercialización de produtos relacionados co mundo da impresión 3D.

Esta é sen dúbida unha das mellores entrevistas que fixemos, non graza a nós, senón grazas ás respostas de Lorenzo. A análise que fai da situación do comercio electronico en Galicia é moi interesante e reflicte de forma clara cara a onde debe dirixirse o sector se quere converterse realmente nunha aposta estratexica para Galicia.

Filament2Print está a converterse nunha tenda online de referencia no sector das impresoras 3D a nivel nacional e europeo. A súa recente entrada na aceleradora Vía Vigo augura un crecemento importante e a consolidación dun proxecto nado en Galicia pero con vocación internacional.

  • ¿Cales foron as maiores dificultades que vos atopastes fronte ao comercio electrónico?

As principais dificultades foron as de tratar facer ver as particularidades que tiña un e-commerce que dende os inicios nacía cunha visión internacional. Exemplos concretos foron tanto  empresas de desenvolvemento web como as delegacións das empresas de transporte. Houbo que facer moita pedagoxía.

  • ¿Cales son os produtos ou gamas de produto “estrela” da vosa tenda online?

Somos recoñecidos por ter a maior variedade de filamentos do mercado. Calquera usuario de impresión 3D sabe que se un filamento non está en filament2print.com ou é porque non existe ou por que non ten a calidade e trazabilidade suficiente para poder garantir unha óptima experiencia de impresión.  Polo tanto, para min tódalas referencias que temos dispoñibles son “estrela”.

  • ¿Qué recursos de Marketing Online (Seo, Adwords, Redes Sociais, Banners noutras páxinas...) empregades para promocionar a vosa tenda online?

Tódolos recursos mencionados están sendo potenciados mediante a nosa estratexia de  marketing dixital. Consideramos fundamental como eixo vertebrador de tódolos recursos de marketing dixital a xeración de contido de alta calidade.

  • ¿Os pedidos que recibides son nacionais ou tedes tamén pedidos de fóra de España?

A maioría dos pedidos son de España e Portugal aínda que tamén suministramos a clientes europeos e sudamericanos con certa frecuencia.

  • ¿Cuales son os retos que afrontades para os próximos meses?

Nos próximos meses imos iniciar a nosa aposta firme pola expansión no mercado europeo focalizada nos países identificados como potenciais. Por outra banda seguiremos afondando na xestión integrada da cadea de suministro co fin de seguir mellorando os indicadores de nivel de servicio tanto ós clientes industriais como ós particulares nas máis de cincocentas referencias actuais.

  • ¿Cómo valorades o sector do comercio electrónico en Galicia? ¿Fortalezas? ¿Dificultades?

O e-commerce en Galicia está pero non está. Refirome a que temos e-commerce punteiros pero que a maioría descoñecemos. Creo que entre todos deberíamos xuntarnos para afondar en problemáticas e oportunidades comuns que so será posible afrontalas aglutinando volume.

A pesares de que o e-commerce ven a redimensionar por completo a área de influencia de cada comercio, a maioría segue a pensar exlusivamente na búsqueda dos seus óptimos locais (referidos aos tres principais eidos da empresa: administración, marketing&comercial e loxística). Creo que se debe dar o paso e fuxir destes óptimos locais para pasar realmente ao pensamento e á acción global, para así poder ser competitivos co resto de competidores españois e europeos. Iniciativas como eComm Galicia poden ser un bo xérmolo aglutinador. 

Unha das principais vantaxes competitivas (e á súa vez a gran desaproveitada ata o día de hoxe) do e-commerce galego co resto de e-commerce de España, é a posibilidade de entrar no mercado portugués cunha gran facilidade grazas á nosa afinidade lingüistica.

O e-commerce é a gran oportunidade de Galicia para posicionar no mercado global os nosos produtos de gran valor engadido.